A Momo, fillo da noite , irman da Discordia, deus da burla, da critica e do sarcasmo, fanselle todolos anos en Galicia as festas do Etroido. Con palabras Entroido ou Antroido denominanse en Galicia as festas do Carnaval.
O Carnaval é unha festa de transito entre o sono-morte de invierno e o renasemento-resurrección da primavera, constituiendo un culto á terra, á fertilidade e á actividade sexual, época onde aumenta o nivel animico para a celebración festiva.
O Entroido é unha festa licenciosa nas suas orixe, existen multitude de lendas que ha relacionan directamente con fecundidade e o desenfreno sexual.
Non existe unanimidade en canto a orixe, as teorias refirense as Saturnais, Carrus –Navalis, Diomisiais , Rurais, e Imperiais romanas.
Nas Dionisiais Rurais, celebrabanse representacións de farsas en honra a Dionisios, nas que participaban os campesiños, alcanzando as mulleres un elevado grao de excitación sexual coa danza. O Carros-Navalis, eran bacanais, nas que se rendia culto a Baco. Os Saturnais foron festas na honra do deus Saturno, nélas permitiase que os esclavos foran servidos polos seus amos e utilizaran as suas ricas vestiduras.
No mundo xermánico tamén se construia un barco con rodas que se facia descender polos rios. Este descubrimento orixinou outras teorias dobre a orixen do carnaval, e situouse nos celtas, xa que era unha cultura moi rica anterior a romanización.
Finalmente diriamos que o carnaval é unha festa celta que penetrou a través do mundo romano no cristianismo e os deuses e cerimonias celtas dariannos a verdadeira explicación do fenómeno.
Comprobouse que os trazos fundamentais do carnaval aparecen en grande multitude de culturas e non necesariamente por influencia europea.
O Carnaval é un conxunto de ceremonias o simbolismos das cales se conxugará para obter o seu fin primordial asegurase a continuidade da vida nunha época cósmica perigosa . O carnaval era temido tanto dende o punto de vista moral como politico.
As festas de carnaval suprimironse por decreto en 1939, debido ó cariz que foran tomando os carnavais no século XIX.
A teoria que defende a orixe do Entroido nas Lupercais, baséase en que durante o mes de febreiro os sacerdotes Lupercos de Roma perseguian as súas mulleres e tamen aos homes baténdolle con peles e membros de animais, rito que se revive na localidade de Xinzo de Limia (Ourense)
Ainda que non se pode determinar con certeza a orixe do Entroido, sabemos que no Renacemento tuvo moita resonancia , pero xa antes no seculo XIII. Alfonso X “O Sabio” alude as celebracions de escarnio nas Igrexas.
Do Entroido fannos referencias San Gregorio, o Pai Mariano” Arcipreste de Hita”, Juan de la Encina, Lebrija, Alvaro de Luna, Frai Bartomé de las Casas, e sábese que o Papa Julio II protexeu de xeito especial estas festas.
Sobre as datas nas que se celebra o Entroido en España podemos afirmar que, ao ser unha festa lunar, non existen datas fixas para a súa celebración
En Galicia será dúas semanas e media septuaxesima , sesaxesima, domingo, luns e martes de Entroido. En Xinzo de Limia (Ourense) dura case un mes e denominaxe: Entroido, Antroido, Introito.
Nas escolas a celebración, convértese nun mundo diferente. A rapazada fai xogos no patio e rememora as costumes tradicionais do Entroido; nas que os cativos cheos de Leticia esquecen os problemas e o traballo cotiá.
Tamen elaboran disfraces e desfilan as comparsas. Ë pois o momento de cambiar de personalidade, facerse distintos, acompañarse das bromas e fantasias, facer cousas que non serian capaces de facer con cara descuberta.
Os barullos, as mascaras e algaradas enchen este acontecemento para dar testemuña da creatividade lúdica dos nenos, da súa comunicación afectiva, convertendose en actores para exteriorizar os elementos internos da súa individualidade.
Xavier Barros Castro
Campolongo 2008

No hay comentarios:
Publicar un comentario